A SENENTE DA AMIZADE

Penso en voz alta e ti me escoitas,

fico en silencio e ti fas o mesmo.

Ti sempre curas os meus grandes erros

e resolves as penas que me ateigan.

Prevalezco grazas a mil boas amizades

que axudan a descubrirnos a necesidade

de ter gran confianza nas boas xentes,

que de amizade o prado da vida sementen.