NADA DE BALDE

En ti non foi nada de balde.
Traio do cabo do mundo unha verdade.
En ti nada foi en balde.

Ancoro na tua xanela,
vixío o teu morno suor.
Agasállasme un bretemoso adeus
no meu solpor de soidade.

En ti non foi nada de balde.
Traio do cabo do mundo unha verdade.
En ti nada foi en balde.

Dende que fuxiron os teus ollos
eu, escorregueime no niño dos teus soños.
Dende que os teus ollos durmiron
eu, acurruqueime no berce dos teus anelos.